PDI "As mulleres"

"As mulleres nas ciencias e nas letras"

1ª Fase do proxecto: presentación do tema

1. Xustificación
Durante o curso 2011-2012 o Equipo de Biblioteca propón un proxecto para traballar no centro cuxo eixe será a muller. Deterémnos nas mulleres relevantes no eido das ciencias e das letras. Serán o eixe de traballo e nos achegarán a diferentes ramas do saber. Este proxecto documental integrado apoiará o currículo utilizando a biblioteca como fonte de recursos.

2. Obxectivos
  1. Coñecer e valorar o traballo de mulleres de diferentes eidos.
  2. Experimentar e investigar a partir de diferentes fontes documentais.
  3. Fomentar e facilitar a lectura de diversidade textos e en calquera tipo de soporte.
  4. Discriminar a información relevante da que non é.
  5. Aprender a procesar a información e a comunicala.
  6. Elaborar material de produción propia (libros, carteis...) 
  7. Respectar os puntos de vista dos demais.
3. Competencias
Con este proxecto traballaremos todas as competencias; pero hai unha que se converte no punto de partida de todas: a aprender a aprender. Buscamos un alumno autónomo que senta a necesidade de ampliar os seus coñecementos. Por iso lle ofrecemos recursos para que poda planificar o seu traballo.
A linguaxe que se converte en instrumento principal tanto na comunicación oral coma escrita. Potenciarase a competencia en comunicación lingüística a través da lectura e da escritura de diferentes tipos de textos, na súa comprensión e na busca de información.
A competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico traballarase promovendo a familiaridade con conceptos científicos e técnicos fundamentais pero que tamén requiren a habilidade da indagación, da investigación e da interacción co entorno, moverse nel e resolver problemas.
Potenciaranse as habilidades para buscar, obter e procesar a información requirida, comunicala e transformala en coñecemento. Desenvolvendo deste modo a competencia do tratamento da información e competencia dixital.
Este traballo é un medio eficaz para facilitar a integración e fomentar o respecto, contribuíndo ao desenvolvemento da cooperación, a igualdade e o traballo en equipo. Incidirase polo tanto na competencia social e cidadá.
Mediante o coñecemento e a valoración do patrimonio cultural e artístico traballarase e competencia cultural e artística.
E por último, o alumnado enfrontarase a situacións nas que el é o protagonista da súa propia aprendizaxe e a actividades globais onde as súas relacións e as súas decisións repercuten ao logro dos obxectivos do grupo (competencia de autonomía e iniciativa persoal).


4. Planificación do traballo por ciclos e materias. Propostas de actividades.
4.1. As mulleres científicas
Recursos e materiais
Selección de recursos e de materiais relacionados coas mulleres coas que imos traballar.

Exposición
"Mulleres científicas" do CPI Progreso (Catoira)
Esta exposición fomentou o traballo de busca e selección da información por parte do alumnado de primaria. Indagaron máis sobre estas mulleres; por exemplo, as aulas de 4º de primaria cnetráronse na  arqueoloxía e na astronomía. Ao final expuxeron os seus traballos na entrada da biblioteca.

Actividades
Mulleres relevantes do mundo das ciencias
Selección de diferentes mulleres que destacaron no mundo das ciencias. Busca de información de cada unha. Selección dos datos máis relevantes. Deseño de carteis empregando as estratexias de publicidade institucional.
As mulleres seleccionadass polo alumnado foron: Lynn Margullis, Marie Curie, Jane Goodall, Marisol Soengas, Carmen Porto Vázquez, Mª Dolores Estévez Rodal, Dolores García Pineda, Lise Meitner, María Michell, Ada Lovelace, dorothy Crowfoot Hodking, Rachel Carson, Ángela Alvariño, Mary Fairfax, Jocelyn Bell Burnell, Bárbara Mc clintock, Rosalind Franklin, Teresa Mendizabal y Margarita Salas.
Ciclo de conferencias
Tres mulleres visitaron desinteresadamente o centro e impartiron conferencias sobre o seu traballo.
Unha muller nun mundo de homes: Carmen Porto (primeira muller radioterapeuta de España). A súa charla foi para o alumnado de 2º da ESO.
Unha visita especial: Marisol Soengas (directora do grupo de Melanoma do CNIO). Unha alumna e cuarto púxose en contacto con ela a través das redes sociais. A charla para o alumnado de 4 da ESO versou sobre o melanoma.
Mulleres na saúde, abrindo portas: Loli Estévez (comadrona). Falou cos rapaces de 6º de primaria sobre o seu traballo de matrona. Prepararon con anterioridade as preguntas que lle ían formular.
Lina Bobardi
Os alumnos de 2º da ESO traballaron en tecnoloxía a partir da fgura de Lina Bobardi, unha das primeiras mulleres que destacou nun mundo de homes. Indagación sobre o seu traballo e os seus deseños. Costrución de mobles deseñados por ela.

Tardes na biblioteca 
Unha tarde de cine
Visualización da película "La habitación de Fermat" para o alumnado de secundaria. A partir da película iniciouse un " Xogo de enigmas". Durante días tiñan que acudir á biblioteca nos recreos para recolller un novo enigma.
Obradoiro de química
A profesora de física e química organizou un obradoiro de química na biblioteca. Planificáronse dúas sesións; unha para primaria e outra para secundaria.
Tarde de contos e obradoiro
Os máis pequenos o centro puideron asistir á sesión de contacontos que se combinu con obradoiros baseados nas historias que se contaron.

4.2. As mulleres no ámbito sociopolítico, nas artes e nas letras
Recursos e materiais
Seleccionáronse materiais e recursos na rede relacionados cas mulleres que se traballaron:  mulleres no cine, no ámbito sociopolítico, nas letras e artistas.

Exposición de carteis informativos
Os alumnos de PDC de 3º e 4º da ESO fororn os encargados de elaborar e deseñar os carteis informativos que se expuseron nos corredores do centro e na entrada da biblioteca. O traballo organizouse deste modo:
  • Presentación do proxecto e de cada muller
  • Busca guiada de información na rede a partir dos rrecursos que nos ofrece a nosa biblioteca virtual.
  • Selección dos datos máis relevantes partindo dunha ficha de recollida de datos.
  • Planificación e redacción dos textos
  • Coñecemento do programa informáico para deseñar os carteis.
  • Elaboración dos carteis.  

Os nenos de 3º de primaria quixeron coñecer as dúas actrices propostas pola bibioteca, Audrey Hepburn e Katharine Hepburn. Leron sobre a súa vida, as películas nas que actuaron e descubriron a súa labor social. Viron esceas dalgunhas das súas películas e despois buscaron fotografías.
Coas fotos de Audrey Hepburn fixeron unha montaxe pintando diferentes retrato dela seguindo técnicas do pop art, inspirados por Andy Warhold. No caso de Katherine Heprburn fixeron un collage con fotos coma se fora un álbum antigo. Con estes traballos ambientouse a biblioteca.

Actividades 
As revistas de cine
Os rapaces de terceiro de secundaria somerxéronse no mundo do cine da man de Audrey e Katherine. Foron os redactores da súa revista de cine. Este foi o m´todo de traballo:
  • Visita ao cine e visualización dunha película de estreo: Enrugas.
  • Lectura de revistas de cine.
  • Estudo dos suxéneros perodísticos.
  • Selección dun tema.
  • Busca de información nos recursos web da biblioteca.
  • Elaboración de reportaxes, artigos de opinión, críticas e entrevistas.
Interpretación da pintura
O alumnado de educación plástica de 4º da ESO fixo unha iterpretación da mesma obras das seguintes artistas: Frida Kahlo, Maruja Mallo, Tamara Lempicka e Gregoria O`Keefe. Con este traballo procúrase a comprensión dunha imaxe artística e a distinción das diferentes linguaxes da arte e dos diferentes tipos de obras e de técnicas.
  •  Interpretación en branco e negro. Análise das luces e sombras. Debuxo en tinta plana con tinta.
  • A pintura en cor. As isofotas. Analise da cor e técnnicas asrtísticas: a témpera. 
Banda deseñada 
Na materia de plástica en 4º da ESO traballaron a banda deseñada a partires de catro mulleres: dúas artistas visuais (Frida Kahlo e Pamen Pereira) e dúas actrices (Katherine e Audrey Hepburn) e a técnica libre (debuxo en tinta, collage, acuarela...).
Procúrase o desenvolvemento da capacidade de visualizar unha escea a partires dun relato, relacionar imaxes en diferentes linuaxes plásticas. O alumnado desenvolve a súa creatividade e a capacidade de empregar as técnicas aprendidas durante todo o curso. 
Versos que saben a Gloria
Nas aulas de 3º de primaria traballouse a vida e a obra da escritora e a lectura comprensiva dos seus poemas realizando a partir destas producións propias. Experimentaron diferentes formas de recitar e atrevéronse a facelo para outros máis pequnos.
Como activiade final cada grupa recitou os poemas aos alumnos de 1º e 2º de primaria. Unha destas propostas foi feita para o kamishibai. 
Pamen Pereira
Dentro da área de educación artística e traballando coa escultura, o alumnado de 3º A de primaria fixeron as súas propostas con elementos naturais inspirados na súa obra.

Tardes na biblioteca
Grape Club
Os alumnos da ESO puideron particiar no club de jazz que tivo lugar na biblioteca. Previamente selecionáronse as mulleres sobre as que se ía traballar: Billie Holiday, Ela Filzggerad, Nina Simone, Aretha Franklin, Whitney Houston e Adele.
Na materia de música acercouse aos alumnos a vida profesional destas mulleres e ensaiáronse as cancións.
Os alumnos de PDC elaboraron os carties informativos que se colocaron nos corredores.
Unha tarde con Gloria
A sesión de contacontos para os alumnos de 1º e 2º de primaria xirou en torno as palabras, os versos, as historias e as adiviñas de Gloria Fuertes. 
O club da calceta
Como na novela de María Reimondez reunímonos para contar historias e aprender a calcetar, fíxose un club da calceta.
Contouse con dúas profesoras de calceta e dúas contacontos que nos deleitaron ca historia de "A obra maestra de Sofía".
Frida Kalho 
Para o alumnado de 4º e 5º de primaria fíxose unha actividades inspirada no álbum ilustrado de Frida de Jonah Winter, ilustrado por Ana de Juan. Coa lectura deste conto aproximamos a figura de Frida Khalo aos nenos e ademais vexe a interpretación do seu mundo feito por outra artista.
   
Mulleres galegas senlleiras (Equipo de normalización lingüística): Calendario 2012


5. Recursos

2ª Fase do proxecto:  investigación, busca e selección da información


3ª Fase do proxecto: elaboración dos materiais e exposición