xoves, 22 de febreiro de 2018

3, 2, 1...

Xoves de cine!
Un total de 21 alumnos e alumnas de Secundaria aterrizaron por unhas horas en Marte para porse na pel do astronauta protagonista da película de Ridley Scott.

Pero antes da misión tocaba coller forzas!

Unha vez relaxados nas butacas, desfrutaron dos momentos de emoción, drama, supervivencia e humor da película.



Por outra banda, esta mañá tivo lugar a entrega de premios aos gañadores e gañadoras do concurso de investigación sobre mulleres científicas. Todos os participantes recibiron unha chapa, calendario e marcapáxinas co cartel ilustrado polo noso director, Xosé Tomás, para as bibliotecas escolares de toda Galicia. Os gañadores, ademais, recibiron unha figura feita coa impresora 3D.

María Lorenzo, Carlota Carrero e Alba González, de 6º B, foron as premiadas na categoría de Primaria.
 Lucas González e Xoel Rodríguez, de 2ºB, os gañadores de Secundaria.
 Por último, unha foto de todos os concursantes.
Moitas gracias por participar!
E mañá...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.