martes, 24 de outubro de 2017

Estamos de celebración!


Hoxe é o Día da Biblioteca! E non atopamos mellor maneira de homenaxear A quinta dos libros que abrindo as súas portas a toda a comunidade educativa.

Xosé Tomás, que foi o encargado de interpretar o lema Aprender a pensar coa biblioteca escolar e deseñar o cartel para todas as bibliotecas escolares de Galicia, ofreceunos unha charla- obradoiro.
Entre todos fomos analizando o cartel, vendo como os usuarios son abducidos ao entrar nunha biblioteca e como cada un deles elixe a situación que quere vivir e, polo tanto, desfruta nunha burbulla diferente. Dende unha burbulla na que reinventas contos , outra na que viaxas ou mesmo unha de creación robótica.
E sen darnos conta chegamos á mensaxe oculta do cartel: que na biblioteca pode e debe haber moitas burbullas diferentes. Xa que non só é un espazo para os libros, senón que tamén é o lugar propicio para a creación de situacións de aprendizaxe.

Por último, queremos mostrarvos un pequeno vídeo resumo da xornada. 



Larga vida ás bibliotecas escolares!

"O máis importante da biblioteca son as persoas"
Xosé Tomás

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.