sábado, 30 de xaneiro de 2016

O día da Paz e Banksy

Aproveitando que esta semana é o DÍA DA PAZ e apareceu en Londres un graffiti do artista británico Banksy, criticando o uso de gas lacrimóxeno nun campo de refuxiados, o alumnado de 2º da ESO investigou sobre el.
Algúns deles buscaron información sobre artista, descubrindo que se descoñece a súa identidade ou que deseñou un parque temático con intención de recadar cartos para un campo de refuxiados...
Outros atoparon diferentes noticias nas que se falaba del...
 E, por último, fixeron reflexións sobre diferentes graffitis do artista!
Un traballo moi interesante!
Grazas a todo alumnado de 2º da ESO polo seu interese!

2 comentarios:

Que esta Quinta estea viva depende de ti.