xoves, 5 de febreiro de 2015

Semana de contos

Nesta semana os CONTOS son os protagonistas da nosa biblioteca. Temos a sorte de recibir a uns contacontos moi especiais, os profesores do CRA, que acoden a esta cita con moita ilusión. E nós enviámoslle os nosos mellores contadores de historias que visitan as súas escolas. Grazas á colaboración dos equipos de normalización lingüística dos dous centros podemos gozar destas sesións.


Este é só un pequeno adianto do que está dando de si esta semana de contos...

3 comentarios:

  1. Como me gustou a experiencia, e a participación e o cariño dos nenos!

    ResponderEliminar
  2. Como nos gustou a nós!
    Moitas grazas, Lidia, por envolver de maxia a nosa biblioteca cos contos e a música.

    ResponderEliminar
  3. Que chulo!
    Ademáis Lidia atopouse de novo con algúns dos que foran os seus alumnos-as no CRA!

    ResponderEliminar

Que esta Quinta estea viva depende de ti.