mércores, 23 de outubro de 2013

Centro Médico de Asistencia Lectora

Este ano queremos festexar o Día das bibliotecas escolares dun xeito especial. Abre as súas portas o Centro Médico de Asistencia Lectora.


Como nace este Centro Médico?
Un día na biblioteca Rubén, alumno de 4º, dille a Andrés: "Andrés recétame un libro". Sonia escoitouno e pensou que esta idea non se podía deixar pasar... 

Onde e cando abre? Nun recuncho da biblioteca abrirá un recero ao mes. Comeza o venres 25.
Quen pasará consulta o primeiro día?
Pasarán consulta os doutores: Dr. Domínguez, Dr. Iglesias e Dr. Fernández.
Cales son os teus síntomas? 
No Centro Médico de Asistencia Lectora buscarán a terapia adecuada para cada síntoma.

Agardamos a túa visita ao CMAL!
 E que mellores despois desta terapia 100% natural!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.