sábado, 27 de abril de 2013

Un mapa diferente

Dende hai uns días este mapa preside a entrada do colexio. É un mapa do Rosal moi diferente. Os rapaces de primeiro da ESO dannos a coñecer os seus recordos, as súas vivencias e os lugares que máis lle gustan do seu concello. Aparecen os espazos máis íntimos (o seu cuarto, a súa casa), a escola e os espazos públicos.
Este collage de imaxes (deseños, debuxos, sinales e fotografías), convídanos a sinalar os lugares cos seus nomes .

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Que esta Quinta estea viva depende de ti.