Onte inauguramos un ciclo de conferencias sobre o noso concello. Temos a sorte de contar con rosaleiros que virán ao centro a falarnos de historia, de música, de tradicións, de antigas profesións...
Unha das pesoas que mellor coñece a historia do Rosal, Xoán Martínez Tamuxe, achegouse onte á biblioteca para falarlles aos compañeiros de 1º da ESO dos petróglifos. Eles están a traballar a historia do concello a través da pedra no seu proxecto interdisciplinar.
David de 1ºA da ESO foi o encargado de facer unha breve presentación deste rosaleiro:
A
súa traxectoria comezou con estudos de Teoloxía, aínda que despois
a súa vida encamiñouse por outros derroteiros: estudou Historia en
Santiago de Compostela, e a partir de aí deu renda solta á súa
auténtica vocación: a investigación, a arqueoloxía... Escribiu
moitos libros relacionados con estes temas, colaborou en moitos
xornais galegos, na radio, en revistas de investigación, de museos
de Pontevedra, foi Encargado- garda do conxunto histórico de Santa
Trega e conservador do Museo Arqueolóxico.
Dende
1987 dirixe o Boletín informativo Municipal do Rosal, así como a
Memoria da Festa do Cabaqueiro.
Son moitos os momentos que se poden rescatar desta conferencia pero quedámonos co principio. Tamuxe fíxonos unha reflexión sobre a importancia de coñecer o noso entorno. As súas palabras parecen a xustificación do noso proxecto.
Son moitos os momentos que se poden rescatar desta conferencia pero quedámonos co principio. Tamuxe fíxonos unha reflexión sobre a importancia de coñecer o noso entorno. As súas palabras parecen a xustificación do noso proxecto.
Grazas a Xoán Martínez Tamuxe por darnos esta lección de historia na nosa Quinta e descubrinos as pegadas prehistóricas que temos no noso concello.
ResponderEliminarÁs Anas de 1ºB da ESO pareceunos qu a conferencia de Xoan Martínez Tamuxe estivo moi entretida e interesante.
ResponderEliminarA conferencia de Xoan Martínez Tamuxe pareceume moi interesante e tamén aprendemos algo mais sobre os petróglifos do Rosal
ResponderEliminar