mércores, 24 de maio de 2017

Obradoiro de Slime


Hoxe, as nosas Axudantes de Biblioteca de 6º de primaria, organizaron un Obradoiro de Slime, o novo blandiblú caseiro e xoguete de moda.

Para facelo necesitaron misturar nun bowl cola de pegar e purpurina e noutro un pouco de auga e deterxente. Xuntando as dúas misturas obtense esta masa tamén coñecida como "moco de unicornio, gorila ou tolo".


martes, 23 de maio de 2017

O amigo invisible


Hoxe fixemos a actividade do Amigo invisible, na que agasallámonos uns aos outros unhas marabillosas e variadas lecturas. Logo de apuntar cadansúa proposta, o alumnado de 4º e o profesorado tivo que mercar ou agasallar cun libro ao amigo invisible que lle tocou. Cada participante recibiu unha flor para acompañar o libro. 
A xente estivo moi involucrada, incluso houbo un agasallo moi especial, porque un libro, o de Elena Plástica estaba totalmente personalizado. 
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo desta actividade. 
 Desde a Quinta dos Libros queremos dicirvos que as nosas portas sempre estarán abertas para vós e sempre seredes benvidos e benvidas!! 
 Moitas grazas a todo o alumnado e profesorado que participou nesta actividade.


       

martes, 16 de maio de 2017

Presentación de 5º (Vigo)


Xa recibimos o vídeo de presentación da clase de 5º de primaria do CEIP Plurilingüe Ramón y Cajal.

Pouco a pouco ímonos coñecendo...



venres, 12 de maio de 2017

Última viaxe!



Despedímonos xa este curso das nosas aventuras. Esperamos que disfrutárades tanto coma nós!


Deica logo!!!

Presentación de 6º


Seguimos co noso proxecto migrANDO coa presentación dos sextos de primaria para os seus compañeiros do CEIP Plurilingüe Ramón y Cajal.

 

xoves, 11 de maio de 2017

Obradoiro de Cubos de Rubik



Día tras día, con constancia e motivación é como se consiguen as cousas. Hoxe traballamos cun patrón un pouco más complicado!

Estade atentos ao próximo obradoiro que se celebrará o vindeiro xoves coma todas as semanas.

Practicade na casa!





martes, 9 de maio de 2017

Curándonos na Quinta dos Libros!


Hoxe tivemos a última consulta do CMAL deste curso. 
Agradecemos a vosa colaboración, tanto aos mestres e axudantes que participaron coma ao alumnado atendido.


Volveremos pronto!